PREMIO DE SEGURIDADE INDUSTRIAL DE GALICIA
Cremos que hai que poñer en valor aquelas empresas que son coherentes, responsables e un exemplo a seguir polas súas boas prácticas en canto á Seguridade Industrial.
É por isto que en 2013, Asgoca organizou por primeira vez o Premio de Seguridade Industrial de Galicia.
Este evento supuxo poñer en marcha unha iniciativa única en Galicia que contou co respaldo de profesionais , empresas e institucións poñendo ono centro á SEGURIDADE INDUSTRIAL.
POR QUE UN PREMIO DE SEGURIDADE INDUSTRIAL DE GALICIA?
- Para poñer o acento nun aspecto vital para a seguridade.
- Porque é importante valorar as boas prácticas das empresas galegas constituíndose como un exemplo a seguir.
- Para lograr difusión entre a sociedade.
- E, sobre todo, para concienciar sobre a responsabilidade en Seguridade Industrial de aqueles axentes implicados nela.
Bases da convocatoria aquí.
Benteler Automotive Vigo e Queserías Entrepianres galardoadas como as empresas máis seguras de Galicia no 2014.
Corporación La Voz de Galicia e Syngenta Agro galardoadas como as empresas máis seguras de Galicia no 2013.