SOMOS
Asgoca é a Asociación Galega de Organismos de Control Autorizados. Fundada o 29 de setembro de 2011, non ten carácter lucrativo e o seu ámbito de actuación é Galicia.
A NOSA MISIÓN fundaméntase en coordinar e colaborar coa administración nas tarefas de control regulamentario para garantir a máxima profesionalidade e rigor nas actuacións dos nosos asociados, nun tema tan vital como a Seguridade Industrial.
¿QUÉ SIGNIFICA SEGURIDADE INDUSTRIAL?
- Prevención e limitación de riscos
- Protección contra accidentes e sinistros
A actividade dos Organismos de Control é fundamental nas actividades de inspección verificando as condicións de seguridade de produtos e instalacións industriais.
EFECTOS DIRECTOS
- Seguridade das persoas, prevención de riscos innecesarios.
- Conservación óptima de medios materiais.
- Aumento eficiencia → aforro de custos e beneficios para o medio ambiente.
- Efectos positivos en medio ambiente.
ACTIVIDADES
- Planes de Inspección en colaboración coa Xunta de Galicia
- Grupos de Traballo específicos por campos regulamentarios
- Promoción e divulgación da Seguridade Industrial
- Formación Técnica
- Organización de Xornadas Técnicas.
ÁREAS DE ACTUACIÓN
- Accidentes graves.
- Almacenamento de produtos químicos.
- Aparatos e Equipos a presión.
- Aparatos Elevadores: ascensores.
- Aparatos Elevadores: grúas.
- Combustibles gasosos: centros de almacenamento e distribución de envases de GLP.
- Combustibles gasosos: estacións de servizo para vehículos a gas.
- Combustibles gasosos: instalacións de almacenamento de GLP en depósitos fixos.
- Combustibles gasosos: instalacións receptoras de combustibles
- Combustibles gasosos: plantas satélite de gas natural licuado.
- Gases licuados de petróleo.
- Incendios: seguridade contra incendios en establecementos industriais.
- Instalacións con aparatos de bronceado mediante radiacións UV.
- Instalacións petrolíferas: consumo en propia instalación e para subministración a vehículos.
- Instalacións petrolíferas: parques de almacenamento.
- Instalacións térmicas en edificios.
- Regulamentación eléctrica: alta tensión.
- Regulamentación eléctrica: baixa tensión.
- Seguridade mineira.
- Transporte de mercancías en colectores.
- Transporte de mercancías perigosas.
- Transporte de mercancías precederas.
- Instalacións Frigoríficas.
Conxunto de actividades de prevención e limitación de riscos, así como de protección contra accidentes e sinistros capaces de producir danos ou prexuízos ás persoas, bens e medio ambiente, derivados da actividade industrial ou da utilización, funcionamento e mantemento das instalacións ou equipos e da produción, uso ou consumo, almacenamento ou refugallo dos produtos industriais. (Lei 9/2004 de Seguridade Industrial de Galicia)